'Test CanteiraCeleste.com' | Silvia Bermúdez |
Décima invitada del 2016 en esta sección y, en esta ocasión, la encargada de hacer nuestro cuestionario es Silvia Bermúdez (@SilviaBP10), celtista en la diáspora y que se describe así: "Crer por riba de todas as cousas. Alentar até quedar sen voz. 4,01%. Chorar de tristura. Chorar de ledicia. Vibrar co fútbol de salón. Sentir morriña de Celta desde Tailandia. O celtismo é algo que non se explica, ou o sintes ou non. E ti, que o sintes coma min, sabes perfectamente do que falo".
¿É o Celta para ti un 'clube de canteira'?
Unha mala, por non decir nefasta direción, marxinou completamente a nosa canteira para mercadear coas primas e comisións varias das fichaxes. O Celta era un medio para o enriquecemento dun grupo de persoas. A canteira non interesaba. O beneficio individual estaba en mercar e vender.
Por sorte ou por desgraza a realidade golpeounos duramente na nosa travesía por segunda (polo deserto, diría eu). Anos de inferno nos que tonteamos coa desaparición económica e deportiva. Ante a necesidade, tiramos dos da casa e foron eles, os que sentían ao Celta no peito e non na carteira, os que devolveron ao noso equipo á máxima categoría.
Atrás quedou a época na que canteiráns como Xurxo Otero tiñan que pelexar contra vento e maré para gozar dunha oportunidade no primeiro equipo.
Agora si somos un equipo de canteira que ademais pode presumir de ser das mellores do panorama estatal, especialmente se temos en conta os nosos medios. Uns facemos canteira formando aos da casa, outros fan canteira mercando nas casas dos demais. Xa me entendedes.
Presencieu o regreso do Celta B a Segunda B en vivo e en directo. Para mín o B non é accesorio nin secundario, é un piar do proxecto. Porén, non estou conforme coa xestión realizada no B desde o regreso á terceira categoría do fútbol español.
Penso que foi unha política de bandazos onde primou máis aferrarse a unha categoría que formar xogadores para o primeiro equipo. Fichaxes sen sentido, múltiples cambios de adestrador, variacións constantes no esquema de xogo.
O certo é que non entendo nada dalgunhas cousas que pasan no B. Ao meu modo de ver, a súa función fundamental é formar xogadores para o Celta, e o resto é secundario.
A canteira en xeral...
Gústame a canteira por esa vinculación especial entre os xogadores e o equipo. Alén do deportivo, hai unha carga emotiva extra ao pelexar polas cores que sintes. No equipo actual temos varios exemplos.
Desafortunadamente non todos os canteiráns son así e algúns marcharon antes de tempo usando ao Celta como un medio e non como un fin. As presas por facerse rico non son boas. Como na casa non se está en nengún sitio. Paciencia e traballo.
¿Un canteirán? ¿E por qué?
Se teño que elexir a un canteiran o teño ben claro, Iago Aspas. As razóns? Non é preciso dar razóns cando falamos de Iago. Con el sinto, que a que está no campo son eu.
Un de nós.
Define o Celta ou a súa canteira, nunha frase.
"Pode parecer tópico pero o Celta é un sentimento.
Quen ten o corazón de pedra non entende a nosa bendita tolemia.
Afouteza e corazón.
Gorxas en pé.
Bufandas ao vento.
SEMPRE CELTA!"
Esta sección recoge única y exclusivamente la opinión del invitado de cada semana que en todo caso se muestra sin ningún tipo de censura. CanteiraCeleste.com puede no compartir las opiniones de los participantes y no asume ninguna responsabilidad sobre ella.
Publicado por Redacción