Continuamos con la sección de la web estrenada la temporada pasada, el Test de CanteiraCeleste.com, en la que cada semana un periodista o persona relacionada de algún modo con el Celta responde a cinco preguntas básicas con total libertad para exponer sus argumentos, ideas u opiniones acerca del Club y su cantera.
En esta ocasión, el encargado de hacerlo es Pedro Pablo Alonso (@Pedropabloalons), periodista deportivo de Radio Galega, además de co-creador del documental 'Alén dos Cosmos', una historia centrada en Santiago Formoso, un gallego que a finales de los sesenta emigró a Nueva York y acabó ganándose la vida como futbolista.
En esta ocasión, el encargado de hacerlo es Pedro Pablo Alonso (@Pedropabloalons), periodista deportivo de Radio Galega, además de co-creador del documental 'Alén dos Cosmos', una historia centrada en Santiago Formoso, un gallego que a finales de los sesenta emigró a Nueva York y acabó ganándose la vida como futbolista.
¿É o Celta para ti un 'clube de canteira'?
A día de hoxe o Celta é un club de canteira, e dos que a mellor a traballa en España. Obviamente, houbo un troco de filosofía. Por historia, o Celta sempre foi un equipo nutrido con xogadores da casa.
Nos 90, o mundo do fútbol empezou a cambiar e o Celta perdeu algo a sua identidade. No Eurocelta non había canteiráns e botábase en falta. Pero os bos resultados eclipsaban a ausencia de xogadores da casa. Coa caída dese proxecto, e os problemas económicos, a filosofía de canteira presentouse coma a única opción de viabilidade para o club.
Pero destacaría que foi unha aposta feita dende a necesidade pero coa convicción de que cunha boa organización e con traballo, os resultados chegarían. E creo que é obvio que chegaron.
O obxetivo do Celta B ten que ser a formación de xogadores. Traballar coa metodoloxía do club e ter xogadores preparados para axudar o primeiro equipo. Ás veces, a formación e os resultados non van da man.
Pero creo que se lle da demasiada importancia a este último factor. No Celta B de Pichi Lucas, en Terceira, xogaban Mina e Jonny, que case non participaron en Segunda B e deron o salto ó primeiro equipo con resultados moi positivos. Hugo Mallo pasou do xuvenil ó primeiro equipo sen pasar polo B .
Non considero que sexa tan importante competir en Segunda B a calquer coste. A día de hoxe creo que hai menos xogadores preparados para xogar no primeiro equipo que cando o filial estaba en Terceira. E ese é o problema.
Tamén inflúe que no primeiro equipo hai un adestrador que, na miña opinión, non confía moito na canteira. Non concorda coa filosofía do clube.
O exemplo claro é a situación de Borja Fernández. O ano pasado, cando por necesidade se recurriu a él, deu o nivel. Esta semana en Almería, tamén. E non é que non xogue, é que hai semanas que non traballa ningún día co primeiro equipo. Con Eusebio, Herrera ou Luis Enrique non pasaría esta situación.
A canteira en xeral...
A canteira no 2015 non é o mesmo que a canteira en 1980. Creo que na Madroa se traballa moi ben en tódalas categorías, con bos formadores e cunha metodoloxía clara e uniforme. Hai filosofía de clube. E creo que no futuro, á Madroa chegarán rapaces de tódolos continentes. Camiña cara unha academia estilo a do Arsenal ou a do Vilarreal, é creo que é o traxecto correcto.
O fútbol ten que ir da man da sociedade. A red de olleadores que ten o Celta espallada polo mundo dará os seus froitos. Sempre me preguntei porque no seu momento chegaron Mathías e Flo Pogba e non Paul. A día de hoxe sería o canteirán máis valioso da historia do equipo, sen ningún tipo de dúbida.
¿Un canteirán? ¿E porqué?
Dos que están no primeiro equipo eu quédome con Iago Aspas. Representa o que é un xogador que mamou celtismo dende pequeno. Xoga con paixón, representa a unha afeción, e ten moitísima calidade. E dos que están nestes momentos na canteira, creo que Pape Cheikh é o futuro. Xogador completísimo que xa debería estar na dinámica do primeiro equipo. Como xa o están os seus compañeros de selección nos seus clubes.
Define o Celta ou a súa canteira, nunha frase.
"Calidade e paixón ao servicio dun gran clube"
Esta sección recoge única y exclusivamente la opinión del invitado de cada semana que, en todo caso, se muestra sin ningún tipo de censura. CanteiraCeleste.com puede no compartir las opiniones de los participantes y no asume ninguna responsabilidad sobre ella.
Publicado por Redacción