Xosé Ramón Castro en el Test de CanteiraCeleste.com

7 de noviembre de 2015
Test CanteiraCeleste.com | Xosé Ramón Castro
Continuamos con la sección de la web estrenada la temporada pasada, el Test de CanteiraCeleste.com, en la que cada semana un periodista o persona relacionada de algún modo con el Celta responde a cinco preguntas básicas con total libertad para exponer sus argumentos, ideas u opiniones acerca del Club y su cantera.

En esta ocasión, el encargado de hacerlo es Xosé Ramón Castro, periodista deportivo de La Voz de Galicia que cubre asiduamente la información del Celta para este diario.

¿É o Celta para ti un 'clube de canteira'?
Un clube de canteira é aquel que fundamenta a súa filosofía no traballo ca súa base e que lle de oportunidades aos seus xogadores. O Celta ten esta filosofía e mantenna, pero con matices
No primeiro equipo o seu crecimiento pode condicionar a presenza de xogadores da base, aínda que a día de hoxe hai catro titulares da casa o que é un dato interesante e que a maioría dos clubes de Primeira División non poden igualar.
O Celta B...
É o burato negro da xestión Mouriño. Cecais por falta de definición. Se a aposta é levalo a Segunda A, igual o camiño é un Vilarreal B e buscar incluso un C para o Celta, e se o camiño é a formación de fútbolistas está claro que aposta ten que estar na xente da casa e que os de fóra deben ser incorporacións concretas e contrastadas. 
Polo menos este ano a nivel táctico o equipo filial xoga ao mesmo, algo que non pasou con ningún dos tres adestradores do ano pasado. 

A canteira en xeral...
Nesta etapa de crecemento do Celta, manter o pilar ca canteira parece fundamental, pero sobre todo a nivel de formación, máis aló de resultados deportivos. Está moi ben participar e gañar torneos e ligas, pero sobre todo hai que fabricar un modelo Celta a través de metodoloxía de traballo
Se esa idea que xa existe e se leva a cabo garante o futuro da entidade e da filosofía actual. Coido que para medrar, ademáis dunha Cidade Deportiva que vai para longo, é necesario seguir expandindo e perfeccionando o modelo.

¿Un canteirán? ¿E porqué?
Sergio Álvarez
Representa todos os valores que debe ter unha persoa e un futbolista, por esta orde. Leva toda a vida no clube, traballou como ninguén, soupo esperar o seu momento e cando lle chegou, amosou a súa valía
Ten un arraigado sentimento de clube e sempre antepuxo os intereses da entidade aos seus propios. Un exemplo que o clube debería explotar internamente cos seus canteiráns de futuro. 

Define o Celta ou a súa canteira, nunha frase.
"Canteira, tan necesaria como innegociable "


Esta sección recoge única y exclusivamente la opinión del invitado de cada semana que, en todo caso, se muestra sin ningún tipo de censura. CanteiraCeleste.com puede no compartir las opiniones de los participantes y no asume ninguna responsabilidad sobre ella.


Publicado por Redacción