Test CanteiraCeleste.com | 'Pepe' Méndez |
En esta ocasión, el encargado de hacerlo es 'Pepe' Méndez, abonado del RC Celta desde 1987, presidente y fundador de la Peña Celtista de Arbo desde 1986. Además, es miembro fundador de la Federación de Peñas del Celta desde 1993 y actualmente es el presidente de la misma desde la temporada 2011/12.
¿É o Celta para ti un 'clube de canteira'?
Hai que recoñecer que nun 35% si é un clube de Canteira, polos xogadores que ten no plantel, e aumenta o porcentaxe se ao final tivera que subir algún canteirán para cubrir algún posto determinado durante a tempada.
Pero todo isto tivo un comezo, que foron as circunstancias do Clube ao entrar na Lei Concursal, polo que o plantel estivo composto por un elevado número de xogadores que pasaron pola canteira e colleitaron o ascenso e a permanencia, e por diversas circunstancias neste intre están xogando por distintas ligas de todo o mundo.
A partires dese intre o Clube medra en todos os aspectos, o nivel do xogador é máis esixente e hai postos no equipo no que os canteirans non cubren o nivel, polo que hai que fichar a xogadores foráneos, e posiblemente os canteiráns que teñen nivel no seu posto é precisamente no que o titular é xogador da canteira.
De todas formas, a filosofía do Clube segue sendo apostar por xente da casa, sobretodo cando as circunstancias ou as necesidades o permitan, e a proba mais evidente é o plantel tan curto do primeiro equipo.
O Celta B...
A xestión do Celta B, coma se demostrou as últimas tempada, non é nada acertada, sen entrar en detalles que descoñezo.
As circunstancias negativas acumúlanse durante a tempada, xogadores moi novos competindo con auténticos veteráns, a presión do resultado en contra, verse nas últimas posicións da clasificación, errar nos momentos claves, etc... a nivel plantilla.
A nivel administración, en liñas xerais séguese unha boa filosofía, que habería de plasmarse no terreo de xogo, aínda que non sempre é así.
Os xogadores que máis partidos acumulan en Segunda B son os que teñen que transmitir seguridade aos máis novos, ter confianza plena e total no traballo da semana, pensar sempre na formación do xogador para alcanzar metas maiores e, por suposto, que estén convencidos de que o primeiro equipo lle dará a oportunidade para medrar en todos os aspectos.
A canteira en xeral...
Dende fai unhas tempadas atrás ata agora, a nivel canteira -dende as categorias inferiores ata o Xuvenil División de Honra- está demostrado que a nivel xeral estase facendo ben o traballo, onde a man de Toni Otero foi moi importante, por ser a cabeza visible, pero contando co seu equipo de traballo.
Pensando que as circunstancias non son moi favorables para realizar un traballo que require moito espazo, pois non hai campos de fútbol suficientes para manter unha boa estructura, en todas as categorias o Celta conta con internacionais, e cara o futuro coa creación de escolas e convenios asinados con equipos de toda a xeografia galega por parte da Fundación espérase mellorar en todos os aspectos.
Sen dúbida, unha gran parte de culpa para que a canteira medrase sería contar cunhas instalacións de acorde as circunstancias do Celta, polo que o Presidente Carlos Mouriño esta loitando para conseguir realizar un dos seus sonos e de todo o celtismo: a CIDADE DEPORTIVA.
¿Un canteirán? ¿E porqué?
A verdade que non son de nomear a un canteirán, xa que hai varios que se as circunstancias os acompañan rematarán no primer equipo, sempre e cando o lugar no que xogan non esté ben cuberto; en caso contrario terán que buscar unha cesión para seguir progresando, pero creo que futuro si teñen.
Define o Celta ou a súa canteira, nunha frase.
"Futuro con Afouteza e Corazón."
Esta sección recoge única y exclusivamente la opinión del invitado de cada semana que, en todo caso, se muestra sin ningún tipo de censura. CanteiraCeleste.com puede no compartir las opiniones de los participantes y no asume ninguna responsabilidad sobre ella.
Seguir a @CanteiraCeleste